LENDO MANGA NO CLUB DE LECTURA DE 5º DE PRIMARIA
Na biblioteca do CPI O Cruce prestáronnos exemplares dun libro de manga. Para ser que non estabamos acostumados a ler manga encantounos.
Estamos desexando ler a segunda parte.
...VAI DE PELÍCULA
Rematando o mes de abril, o mes do libro, recibimos a Iria Misa, a autora de dous dos libros que estamos lendo no club de lectura dos luns e no club de lectura dos xoves.
Iria compartiu coa rapazada de 5º e 6º de primaria un anaquiño do seu tempo, explicándonos polo miúdo aspectos interesantes de "Unha veciña de película" e "A excursión a Cans". Os dous libros reflexan o seu amor polo cine e pola música. Amor que todos os participantes no club fomos apreciando ao longo da lectura. Lectura que fixemos en voz alta, e que nos prestou moito.
Resultou un parladoiro do máis entretido. A cercanía de Iria fixérono posible.
Preparamos para Iria varios agasallos e agradecémoslle de corazón a súa visita.
CLUB DE LECTURA "DE BOTAS E TENIS"
As opinións con respecto ao libro e a súa lectura deron moito de sí. En xeral o libro gustounos moito a todos os participantes. É un libro moi longo, pero impactounos a historia de Aurora, amamos a Brais, e emocionounos o final.
Interpelamos a Antía sobre se o libro é autobiográfico, se lle levou moito tempo escribilo, como construíu os personaxes... Antía respostou con agarimo a todas as nosas cuestións.
CLUB DE LECTURA DOS XOVES
A rapazada de 6º de primaria apuntouse á lectura en voz alta. Remataron de ler o libro de Iria Misa "unha viciña de película".
Todos aprendemos moito sobre lectura e sobre cine. Visionamos os trailers das películas que se nomean no libro, e quedamos en ver unha delas, se cadra "El gran dictador".
CLUB DE LECTURA "DE BOTAS E TENIS"
Catro nais e oito mestres conformamos o club de lectura de adultos.
Os que puidemos, xuntámonos para poñer en común o primeiro libro que lemos: "Almendra" da escritora Won-Pyung Sohn.
Escoitamos con interés o aportado por cada un de nos, reflexións sobre os protagonistas, o que nos emocionou, cousas que para algún debían de estar e non estaban...
Agora imos con ánimo a pola seguinte lectura.
... THE END Poñemos o ramo a un curso de lecturas de cine co noso alumnado de 3º de primaria, futuros compoñentes do club de lectura de 4º....