Animación á lectura

 ENCONTRO ALUMNADO CLUB LECTURA CPI O CRUCE


O alumnado de 5º e 6º de primaria, acompañados de Belén a titora de 6º e de Lorena, a responsable da biblioteca do CPI O Cruce, o outro cole do noso concello, viñeron ata o Celso Emilio para compartir un anaquiño do seu tempo coa rapazada dos nosos clubs de lectura. Ao chegar, invitámolos a merendar con nos. Ensinámoslle os espazos do centro, participamos nunha busca do tesouro, visionamos a curta en stop motion coa que gañamos o 1º premio do concurso de "Nos tamén creamos", compartimos con eles o tempo de lecer...  

Agasallámolos co marcapáxinas gañador do VII Concurso de marcapáxinas da Bibliosilva, obra de Clara de 6º de primaria. Eles prepararon para nos un caderno de recomendacións literarias que imos ter moi en conta. 

Foi unha mañá do máis entretida. 

Graciñas por vir. De seguro que no vindeiro curso nos agarda algunha que outra sorpresiña.

















 LENDO MANGA NO CLUB DE LECTURA DE 5º DE PRIMARIA

Na biblioteca do CPI O Cruce prestáronnos  exemplares dun libro de manga. Para ser que non estabamos acostumados a ler manga encantounos. 

Estamos desexando ler a segunda parte. 




 

...VAI DE PELÍCULA



Rematando o mes de abril, o mes do libro, recibimos a Iria Misa, a autora de dous dos libros que estamos lendo no club de lectura dos luns e no club de lectura dos xoves. 

Iria compartiu coa rapazada de 5º e 6º de primaria un anaquiño do seu tempo, explicándonos polo miúdo aspectos interesantes de "Unha veciña de película" e "A excursión a Cans". Os dous libros reflexan o seu amor polo cine e pola música. Amor que todos os participantes no club fomos apreciando ao longo da lectura. Lectura que fixemos en voz alta, e que nos prestou moito.

Resultou un parladoiro do máis entretido. A cercanía de Iria fixérono posible. 

Preparamos para Iria varios agasallos e agradecémoslle de corazón a súa visita.









 CLUB DE LECTURA "DE BOTAS E TENIS"


Rematamos de ler o segundo libro elexido no club de lectura de adultas:"non penses nun elefante rosa" da autora Antía Yáñez, e tivemos un parladoiro do máis interesante na compaña de Antía. 

As opinións con respecto ao libro e a súa lectura deron moito de sí. En xeral o libro gustounos moito a todos os participantes. É un libro moi longo, pero impactounos a historia de Aurora, amamos a Brais, e emocionounos o final. 

Interpelamos a Antía sobre se o libro é autobiográfico, se lle levou moito tempo escribilo, como construíu os personaxes... Antía  respostou con agarimo a todas as nosas cuestións.




 NOVA LECTURA

Alumnas e alumnos de 6º de primaria, compoñentes  do club de lectura dos xoves, seguimos coa autora Iria Misa e con outro libro da súa autoría: "A excursión a Cans. Unha veciña de película". 

E de novo con lectura en voz alta, que nos présta moito.




CLUB DE LECTURA DOS XOVES

A rapazada de 6º de primaria apuntouse á lectura en voz alta. Remataron de ler o  libro de Iria Misa "unha viciña de película".

 Todos aprendemos moito sobre lectura e sobre cine. Visionamos os trailers das películas que se nomean no libro, e quedamos en ver unha delas, se cadra "El gran dictador".


Agora a pola segunda parte; van de cabeza cara o festival de Cans. 


 CLUB DE LECTURA

4º DE PRIMARIA

A rapazada de cuarto avanza na lectura do libro "Peter Pan". Está resultando do máis interesante. Será por eso que están todos tan concentrados.








Venres Club

  ENCONTRO ALUMNADO CLUB LECTURA CPI O CRUCE O alumnado de 5º e 6º de primaria, acompañados de Belén a titora de 6º e de Lorena, a responsab...