Animación á lectura

 

...VAI DE PELÍCULA



Rematando o mes de abril, o mes do libro, recibimos a Iria Misa, a autora de dous dos libros que estamos lendo no club de lectura dos luns e no club de lectura dos xoves. 

Iria compartiu coa rapazada de 5º e 6º de primaria un anaquiño do seu tempo, explicándonos polo miúdo aspectos interesantes de "Unha veciña de película" e "A excursión a Cans". Os dous libros reflexan o seu amor polo cine e pola música. Amor que todos os participantes no club fomos apreciando ao longo da lectura. Lectura que fixemos en voz alta, e que nos prestou moito.

Resultou un parladoiro do máis entretido. A cercanía de Iria fixérono posible. 

Preparamos para Iria varios agasallos e agradecémoslle de corazón a súa visita.









 CLUB DE LECTURA "DE BOTAS E TENIS"


Rematamos de ler o segundo libro elexido no club de lectura de adultas:"non penses nun elefante rosa" da autora Antía Yáñez, e tivemos un parladoiro do máis interesante na compaña de Antía. 

As opinións con respecto ao libro e a súa lectura deron moito de sí. En xeral o libro gustounos moito a todos os participantes. É un libro moi longo, pero impactounos a historia de Aurora, amamos a Brais, e emocionounos o final. 

Interpelamos a Antía sobre se o libro é autobiográfico, se lle levou moito tempo escribilo, como construíu os personaxes... Antía  respostou con agarimo a todas as nosas cuestións.




Venres Club

  ...VAI DE PELÍCULA Rematando o mes de abril, o mes do libro, recibimos a Iria Misa, a autora de dous dos libros que estamos lendo no club ...