Levamos dous cursos moi implicados cos libros e coas lecturas. Dende o curso pasado somos centro PLAMBE (plan de mellora de bibliotecas escolares de Galicia) E no presente curso pasamos a formar parte dos CLUBS DE LECTURA. Temos 500 euros a nosa disposición para mercar libros. 
CLUB DOS VENRES é o nome do club de lectura de 5º e 6º de primaria
                                                    
Este curso o lema das bibliotecas escolares é : BIBLIOTECA ESCOLAR: A ESCENA!. Por esa razón, en sexto imos empezar a ler teatro. A metade imos ler WOMBO COMBO, obra teatral de Paula Carballeira, ilustrado por Paula Cheshire; e a outra metade ATRANCO NO BANCO, de Manuel Núñez Singala. Despois intercambiarémolos.
As rapazas de quinto empezarán lendo banda deseñada: LA CENA CON LA REINA de Rutu Modan